Os males ferroviarios de Galiza

Serveis de RENFE fora de Catalunya i resta de companyies i països, així com temes ferroviaris sense ubicació geogràfica concreta.
Servicios de RENFE fuera de Cataluña y resto de compañías y paises, así como temas ferroviarios sin ubicación geográfica concreta.
Respon
Avatar de l’usuari
abegot
N8
N8
Entrades: 739
Ubicació: Bcn - Dereta Eixample (08009)

Os males ferroviarios de Galiza

Entrada Autor: abegot » Dijous 06/09/2007 21:05

Os males ferroviarios de Galiza

renfe206/09/2007 · Maria Obelleiro

Ao longo do verán, as incidencias na rede ferroviaria catalá non só alimentaron a axenda mediática, tamén foron obxecto de debate no Congreso. Cataluña láiase, e con razón, por mor dos incidentes e demoras no servizo de proximidades de Renfe. En Galiza non temos eses problemas porque non dispoñemos tren de cercanías. Malia que as zonas metropolitanas chegan a superar en número de habitantes algunhas zonas do Estado que si gozan do servizo, como Murcia ou Santander,

Renfe segue a marxinar os usuarios de tren galegos.

Recentemente, a ministra de Fomento, Madgalena Álvarez, visitou as obras do AVE, que levan dous anos de atraso respecto a data prometida polo Goberno trala catástrofe do Prestige. Álvarez eludiu en todo momento especificar a data na que se porá en funcionamento o AVE galego e tampouco concretou os fondos económicos que recibirá a obra nas contas do 2008. É evidente que os vinte e cinco anos de atraso cos que comezou a andaina ferroviaria na Galiza persisten na actualidade, non só en canto ao AVE, senón tamén en canto aos servizos rexionais. A orografía galega e a elevada taxa de densidade poboacional complican a situación, pero non xustifican que tanto Renfe como Adif non invistan en melloras na comunidade. Países como Suíza contan cunhas características semellantes e gozan dun servizo ferroviario de gran calidade.

Unha maior frecuencia entre os trens, ferrocarrís de calidade e o abaratamento das tarifas son os reclamos principais da maior parte dos galegos. Ademais, os usuarios das estacións máis pequenas láianse polo abandono e a falta de información. No caso catalán, os barceloneses teñen a posibilidade de seren avisados mediante unha mensaxe de texto dos atrasos e incidencias. Nas vellas estacións galegas, os usuarios chegan a agardar horas sen saber a qué hora chegará o próximo tren.

Frecuencias de paso mínimas nos rexionais

Malia que ano tras ano os servizos de media distancia en Galiza gañan pasaxeiros, RENFE limitouse a mellorar o servizo do eixo atlántico. O tramo Vigo-Pontevedra é o que dispón da maior cantidade de frecuencias en todo o país, até quince nun día laborábel. Pola contra, Lugo, Ourense e Ferrol son as cidades peor comunicadas. A liña que cobre A Coruña-Lugo-Monforte só conta con dous trens de saída e outros dous de regreso durante os días laborábeis.

Na liña Vigo-Ourense-Monforte só saen tres rexionais de ida e outros tres de volta, o mesmo número de ferrocarrís que circulan ao día na liña Santiago-Ourense-Pobra de Sanabria. Un usuario do tren, veciño de Filgueira, apunta que até preto de Ribadeo correspóndelles o hospital Meixoeiro, en Vigo, “a xente que necesita ir ao hospital vese na obriga de ter que coller un taxi, porque estamos moi mal comunicados tanto por tren como por bus”.

No que atinxe ao corredor de A Coruña-Lugo-Monforte/Ferrol, as frecuencias pouco melloran. Nun núcleo cun amplo volume de poboación só hai cinco trens de ida e outros cinco de volta ao día. Os ferroláns que estudan na Universidade de Santiago de Compostela vense na obriga de viaxar en autobús. “Hai unhas combinacións moi malas que non son compatíbeis cos horarios das clases. Teríamos que agardar na Coruña varias horas para coller o enlace”, apunta unha estudante.

Parque ferroviario envellecido e infraestruturas precarias Os trens máis modernos de Galiza operan entre a Coruña e Vigo, son os R-598, que entran e saen da cidade dez veces durante os días laborábeis. Este modelo de tren tamén circula unha vez ao día entre A Coruña e Ferrol e a cidade herculina e Ourense. Xosé Carlos Fernández Díaz, autor do libro El ferrocarril en Galicia, denunciou en máis dunha ocasión que Renfe envía para Galiza o material que queda obsoleto noutras partes do Estado. Polas vías galegas obsérvanse os desfasados diésel da década dos oitenta e mesmo unidades máis antigas que cobren as liñas de Ferrol e Ourense. Por outra parte, só os R-598 están adaptados para que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder aos vagóns.

As pendentes pronunciadas, o radio das curvas, as paradas técnicas debidas á vía única e o excesivo número de túneles impiden aproveitar as vantaxes que ofrece un veloz R-598, xa que en moi poucas ocasións chega aos 160 quilómetros por hora que pode acadar. Entre Ferrol e á Coruña non compensa pagar os 5,05 euros do R-598 xa que só tarda catro minutos menos en chegar que o rexional común, que custa 3,75 euros.

Complicacións dos venres e domingos

Os venres e os domingos do curso escolar equivalen a un pesadelo para os usuarios duns trens que chegan a viaxar ateigados. Os viaxeiros loitan por acceder entre os primeiros para coller un lugar no que acomodarse, xa que as maletas viaxan amoreadas nos corredores dos vagóns. Ademais da incomodidade que supón viaxar nestas condicións, os usuarios pagan 7,70 euros de Vigo a Santiago e mesmo 12,50 de Vigo á Coruña. Ao longo dos días nos que se celebran concertos ou partidos de importancia, a situación volve repetirse. Decenas de persoas acceden aos vagóns sen billete, o que supón que non haxa asento para todos.

Máis habitantes e menos trens

Galiza é a única comunidade do litoral que carece de cercanías, servizo co que Renfe une as urbes coas súas áreas de influencia. Tanto o tramo Vigo-Pontevedra como o de Ferrol-A Coruña deberían ser considerados de cercanías comparándoos con comunidades que xa gozan das frecuencias e das baixas tarifas deste servizo. Ambos os dous corredores suman ao redor de 600.000 habitantes, cifra próxima á de Guipúzcoa, que conta con 691.000 habitantes, e claramente superior ao volume de poboación de Murcia, 416.000 habitantes, e á de Santander, con 300.000.

“Durante o mandato do PP foi cando máis autovías, AVE e corredoiras se asfaltaron”

Recentemente, o PP reclamou un tren de cercanías para cubrir as liñas Poriño-Vigo-Pontevedra, A Coruña-Ferrol e Ourense-Carballiño co obxectivo de reducir o tráfico nas estradas galegas. Segundo os populares, unha liña de cercanías entre Vigo e Pontevedra reduciría na metade o tráfico que atravesa a ponte de Rande.

A plataforma galega “Matar por Matar NON” publicou na súa páxina web que as declaracións de Alexandre Gómez, voceiro de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Popular, “lembran o pirómano que se presenta o primeiro a apagar o lume”. De todos os xeitos, “Matar por Matar NON” anuncia o seu apoio ás iniciativas que rematen “co baño de sangue nas estradas, a destrución do medio, a invasión do automóbil e as súas infraestruturas en todos os espazos”.

http://www.tribuna.cat/index.php?option ... w&id=84111


El món és un teatre. Hi vens, hi actues i marxes. ... ... (I deixes de molestar, ... emprenyar, .... etz., etz.)

Avatar de l’usuari
entfe001
N10
N10
Entrades: 3589

Entrada Autor: entfe001 » Divendres 07/09/2007 11:09

abegot ha escrit:No caso catalán, os barceloneses teñen a posibilidade de seren avisados mediante unha mensaxe de texto dos atrasos e incidencias. Nas vellas estacións galegas, os usuarios chegan a agardar horas sen saber a qué hora chegará o próximo tren.
No sabia que existís això a Barcelona.

En tot cas, recordo un cop que em vaig quedar tirat més d'una hora i mitja a Maçanet que em vaig assabentar del que passava perquè vaig enviar al meu pare a l'estació de Girona a preguntar per després trucar-me al telèfon mòbil.



Avatar de l’usuari
wefer
Administrador
Entrades: 6994
Ubicació: Barcelona - Fabra i Puig / Sant Andreu Arenal
Contacta:

Entrada Autor: wefer » Dissabte 08/09/2007 2:19

abegot ha escrit:No caso catalán, os barceloneses teñen a posibilidade de seren avisados mediante unha mensaxe de texto dos atrasos e incidencias.
Això encara no està en marxa, però Renfe ha promès que serà implantat les pròximes setmanes... però només a rodalies.



Respon

Torna a “Ferrocarril en general”